Compromiso coa protección de datos persoais
«Persoas informadas e datos protexidos»
PR 25 de Julio (en diante, o responsable do tratamento) asume a responsabilidade e o compromiso co establecemento, a implantación e o mantemento desta política de protección de datos, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á normativa española de protección de datos persoais.
A política descansa no principio de responsabilidade proactiva: o responsable do tratamento responde do cumprimento do marco normativo e é quen de demostralo ante as autoridades de control.
Principios que guían o tratamento
- Protección de datos desde o deseño: aplícanse medidas técnicas e organizativas apropiadas, tanto ao decidir como se vai tratar a información como durante o propio tratamento.
- Protección de datos por defecto: só se tratan os datos persoais necesarios para cada finalidade concreta.
- Protección en todo o ciclo de vida: as medidas acompañan a información desde que se recolle ata que se suprime.
- Licitude, lealdade e transparencia: os datos trátanse de xeito lícito, leal e transparente para a persoa interesada.
- Limitación da finalidade: recóllense con fins determinados, explícitos e lexítimos, e despois non se usan para fins incompatibles.
- Minimización: pídense só os datos adecuados, pertinentes e limitados ao necesario.
- Exactitude: mantéñense exactos e actualizados, e os inexactos rectifícanse ou suprímense sen dilación.
- Limitación do prazo de conservación: non se conservan identificables máis tempo do necesario.
- Integridade e confidencialidade: garántese unha seguranza adecuada fronte ao tratamento non autorizado e fronte á perda ou o dano accidental.
- Información e formación: o persoal con acceso a datos persoais está informado e formado sobre as súas obrigas.
Esta política comunícase a todo o persoal, que debe coñecela e asumila como propia, e ponse a disposición das partes interesadas. Revísase cantas veces sexa necesario para adecuala en todo momento á normativa vixente.
Esta é unha tradución de cortesía. En caso de discrepancia, prevalece a versión en castelán.